A Asociación ECOS (Empresarios e Comerciantes de Silleda) rematou o xoves 29 de novembro o CURSO DE TÉCNICAS DE MERCHANDISING.
Esta acción formativa tivo grande éxito de participación cun total de 18 participantes, empresarios e comerciantes. Un total de 20 horas lectivas onde os asistentes aprenderon a implantar nos seus establecementos diversas técnicas de venta
O curso contou coa colaboración da Cámara de Comercio de Pontevedra, dentro das accións do Proxecto Mercurio financiado con fondos europeos.
Abarcou diferentes contidos, divididos en diferentes módulos. Abarcando desde merchandising e animación do punto de venda, o surtido, distribución funcional do establecemento ata a xestión estratéxica da zona de exposición.
Tratouse dunha actividade formativa de carácter presencial, pero conta tamén con horas de titorías para implantar no posto de traballo os coñecementos adquiridos, combinando formación teórica e prática.