A Asociación ECOS (Empresarios e Comerciantes de Silleda) presentou o martes 13 de novembro o ESTUDO: “ANÁLISE DA SITUACIÓN DO COMERCIO POLO MIÚDO NO ÁMBITO URBANO DE SILLEDA”, realizado en base a 133 enquisas a diferentes empresas do sector.
No acto interviñeron o Presidente da Asociación ECOS (Xavier Tato), o edil silledense (Xerardo Lázara), a Coordinadora Xeral do Proxecto Mercurio (Rebeca Domínguez) e un técnico de Estrategia Plus (Antonio Monteagudo).
A preocupación pola situación do comercio minorista en Silleda levou a ECOS a plantexarse a necesidade de realizar unha exhaustiva análisise da situación actual para favorecer o desenvolvemento da capacidade competitiva futura do pequeño comercio de Silleda. Así solicitou á Deputación de Pontevedra, que dentro do Proxecto Mercurios, realizar unha análise da situación actual do mesmo.
Esta publicación recolle propostas e resultados da análise da situación do comercio polo miúdo no ámbito urbano do municipio de Silleda. As principias conclusións que se extraen son:
· Baixo nivel de informatización dos establecementos.
· Pouca xente xoven no sector.
· Preciso traballar en cuestións como aparcamentos e ordeación do tráfico.
· Falta de formación específica.
· Escaso uso das novas tecnologías.
· Dimensións reducidas dos comercios.
· Pouca implicación no sector e escaso asociacionismo.