A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) organizou o 26 de novembro, unha XORNADA sobre Protección de Datos e Seguridade na Rede, de 20.30 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Silleda, en colaboración con Formanor, consultora de formación.
Asistiron ao seminario un total de 23 persoas, tanto empresarios, responsables do cumprimento da normativa nas súas empresas, como traballadores de diferentes empresas, interesados na Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD).
Os obxectivos perseguidos co seminario informativo son:
§ Identificar o tipo de ficheiros de datos personais dos que se dispoñe.
§ Inscribir os ficheiros na Axencia de Protección de datos.
§ Elaborar o documento de seguridade na empresa.
§ Adoptar as medidas de seguridade para a protección dos datos de carácter persoal.
O contido da xornada abarca: STIIOBXECTIVOS
1. A protección de datos como dereito fundamental. omnipresenza da lei na actividade xurídica e económica.
2. Disposicións xerais. obxecto da lopd. ámbito de aplicación.
3. Os principios da protección de datos.
4. Os dereitos das persoas en materia de protección de datos.
5. Os procedementos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación.
6. As obrigas das empresas, profesionais e entidades públicas e privadas, relacionadas coa protección de datos.
7. A axencia de protección de datos. funcións do rexistro xeral de protección de datos. a potestade de inspección.
8. Infraccións e sancións.