CONCURSO LOGOTIPO ECOS


A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, convoca un concurso para o cambio do logotipo que conformará a imaxe da Asociación.

 

O tema ou motivo do deseño será libre, valorándose calquera tipo de referencia que se identifique coa entidade, tanto no seu cometido como Asociación, como en elementos relativos ao comercio e a empresa de Silleda.

 

O concurso está aberto a todas as personas físicas ou xurídicas de calquera nacionalidade, podendo cada participante presentar unha obra soamente.

 

Ábrese o prazo de presentación de traballos ata o 15 de xaneiro de 2008, para todos aqueles interesados en participar.

 

Establécese un premio de 500 euros para aquel proxecto gañador. Haberá un xurado composto por diferentes membros pero tamén contará o voto a través da web. Para elo, os traballos presentados estarán colgados na páxina web da Asociación: www.comerciosilleda.com e permanecerán na web un prazo de 10 días, durante os cales os internautas poderán votar polo logotipo que máis lle guste, axundando co seu voto á elección da persoa gañadora.

 

As bases completas do concurso póderanse consultar na páxina web: www.comerciosilleda.com

 

Máis información:

ASOCIACION ECOS, EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE SILLEDA

Tlf:628 13 24 79

acs@comerciosilleda.com

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006