CAMPAÑA DE NADAL 2007


 

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, puxo en marcha a CAMPAÑA DE NADAL 2007, sendo o pistoletazo de saída a Cea de Navidade, de confraternización dos socios, celebrada o mércoles 5 de decembro no Hotel Katiuska . Esta cena marcou o inicio da CAMPAÑA DE NADAL da Asociación Ecos que terá entre outras, as seguintes actividades:

 

1.- Engalanamento das tendas e empresas: ECOS repartiu, un ano máis, árbores de nadal entre os establecementos adheridos co fin de contribuir á decoración dos comercios e demáis empresas asociadas nestas festas. Estes árbores decoranranse coa típica estrela co logotipo da Asociación, distintivo común a todas as empresas e comercios asociados, que xa dispoñen os socios dende fai un par de anos. Esta estrea simboliza a guía cara o punto de encontro co establecemento asociado de confianza. As árbores entreganse baixo o compromiso de ou ben reprantalos, ou ben entregalos à propia Asociación para que sexa ésta quen o faga, contribuindo aís a mellorar o medio ambiente.

 

2.- Outra das accións planificadas nesta campaña de Nadal 2007 da Asociación è a entrega nos comercios dos tradicionais RAÑA E GAÑA, co que se repartirán un total de 6.000 euros en premios para agasallar os clientes pola sua fidelidade. Cada comercio repartirá boletos aos seus clientes, os cales poderán ser comprobados no momento da compra se xa foron premiados. O premio poderá descontarse na seguinte compra que se realice en calquera establecemento membro da asociación ECOS. Non se pagará o premio en efectivo.

 

3.- Publicación, este mes de decembro, da sexta edición da súa revista: “Actualidade Empresarial e Comercial de Silleda”. Ten unha periodicidade semestral e conta cunha tirada de 3.000 exemplares que se distribúen a todos os domicilios do concello de Silleda, tanto nos seus núcleos urbanos como en todas as parroquias. Nesta nova edición recollemos, entre outras cousas:

 

a.- O cambio de denominación da Asociación, como algo destacable, pasando de ser Asociación de Comercio a ASOCIACIÓN ECOS, Empresarios e Comerciantes  de Silleda, co obxectivo de incluir tamén a empresarios doutros sectores, non só de comercio, debido a que xa había na Asociación empresas adheridas do sector da hostelaría, transporte, construcción e outros servizos.

b.- Os cursos e xornadas realizadas no o 4º trimestre de 2007, dende o 29 de outubro ata o 4 de decembro: curso de Escaparatismo, curso de Técnicas de Merchandising, xornada sobre a Lei de protección de datos (LOPD) e seminario sobre a Problemática do autónomo.

c.- Monográficos de establecementos creados no ano 2007 e asociados, contando a súa experiencia e andadura empresarial.

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006