CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL


ECOS colabora co concello de Silleda no VIII Concurso de Escaparates de Nadal. O obxectivo perseguido co concurso é estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento de escaparates, de maneira que se dispoñan artisticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que mostran. Tamén se persegue relanzar o comercio na comarca de Trasdeza con espírito competitivo.

Podían participar todos aqueles comerciantes e empresarios do concello que tiñan escaparate de exterior preparado a partir do 9 de decembro de 2007 e conforme as condicións do Concurso.

O Concurso ten dous premios. O primeiro concedido polo Concello de Silleda, consistente en 200 euros máis diploma e o segundo premio concedido pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, aos seus asociados e consistente en 150 euros máis diploma.

O xurado encargado da avaliación concedeu neste mes de xaneiro o 1º premio a Floristería Carmiña e o 2º premio a Librería Pily. Ambos comercios están integrados na Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda. A entrega de premios realizarase o sábado día 5 na Cabalgata de Reis.

Os criterios de valoración seguidos para outorgar os premios foron a orixinalidade e creatividade, a iluminación e a composición comercial. Nos deseños dos escaparates e exposicións dos produtos debían ofrecerse detalles alusivos ás festas de nadal.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006