REBAIXAS DE INVERNO en ECOS


A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, comeza as rebaixas de inverno dende o luns 7 de xaneiro, para liquidar parte das mercadoría de temporada e impulsar o consumo despois das festas navideñas.

Co motivo da chegada do periodo de Rebaixas de Inverno, entre o 7 de xaneiro e o 7 de abril (ambos incluidos), os comerciantes poderán fixar libremente as datas que considere máis oportunas para fixar o periodo de rebaixas, debendo ser durante un periodo continuo de como mínimo unha semana e como máximo de dous meses.

Recordamos as seguintes RECOMENDACIÓNS para esta tempada:

* Anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nos establecementos

* Etiquetar os artigos de forma que se mostre de forma ben visible o prezo anterior e o prezo rebaixado de cada artigo.

* Non poderán se obxecto de rebaixas aqueles produtos deteriorados ou adquiridos expresamente para tal finalidade, nin tampouco aqueles artigos que non foran postos á venda con anterioridade.

* Non poderán realizarse ao mesmo tempo venda de saldos e vendas de rebaixas nun mesmo establecemento comercial.

* No caso de non admitir o pago con tarxetas en periodo de rebaixas, deberán publicitarse claramente e nun lugar visible esta circunstancia.

* A admisión de devolución de artigos con carácter xeral é decisión unilateral do comerciante.

* A reducion de prezo debe afectar polo menos ao 50% da mercancía do local.

* A venda en rebaixas foro do periodo indicado e sen ter en conta as recomendacións sinaladas pode dar lugar á apertura de expedientes sancionadores.

¡¡LEMBRE!! :

Igual produto e garantías

§ As rebaixas deben contar coas mesmas garantías e coas mesmas políticas para cambios e devolucións -sempre e cando non se usase o produto- cós artigos adquiridos antes deste período.

§ Os productos rebaixados deben ofrecer igual calidade a menor prezo. Deben ser artigos de tempada e en perfectas condicións. Rexeite os artigos que non axunten as debidas condicións sanitarias, os que se atopan en mal estado ou os que incumpran as medidas de seguridade.

§ É obrigatorio que nas etiquetas apareza o dobre prezo (o antigo e o rebaixado) ou ben a porcentaxe de rebaixa (adóitase aplicar un desconto mínimo do 20% sobre o prezo de tempada alta e, xeralmente, o desconto aumenta progresivamente).

§ Asegúrese de que a etiquetaxe é correcta e lexible en galego, castelán ou outra lingua oficial do Estado. No caso da roupa, a etiqueta debe incluír instruccións sobre cómo lavala e pasarlle o ferro, e informar dos materiais de confección e dos datos da empresa fabricante (co país de manufactura).

Devolucións, arranxos, tarxetas...

§ Se un establecemento admite devolucións durante toda a tempada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. De non ser así, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo).

§ No caso de amaños de prendas (acurtar a perneira ou as mangas, estreitar a cintura...) acontece o mesmo. Se son gratuítos durante a tempada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén o deberá advertir.

§ Os establecementos que admiten o pagamento con tarxetas de crédito durante o resto do ano están obrigados a admitilos tamén en época de rebaixas, sen recargo sobre o prezo.

Mesmos dereitos

§ Garde sempre o ticket da compra. A súa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devolución.

§ Se merca un electrodoméstico, esixa que lle dean o mesmo período de garantía que ten o artigo co seu prezo normal. Comprobe que toda a documentación está selada e en regra.

§ En rebaixas, os consumidores teñen os mesmos dereitos ca en calquera outro momento. Se algún comercio non respectou os seus dereitos como consumidor, esixa a folla de reclamacións e intente resolver o problema de xeito amigable. Tamén se pode dirixir á Oficina Municipal de Información ó Consumidor, ó Servicio de Consumo da súa comunidade autónoma ou a calquera asociación de consumidores.

Para más información consulte www.comerciosilleda.com no apartado "Normativa".

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006