PREMIADOS NO CONCURSO ESCAPARATES NADAL 07


   

No mes de xaneiro outorgáronse os dous premios do VIII Concurso de Escaparates de Nadal, no que a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, colaborou co concello de Silleda, encargado de organizar dito evento.

 

Os dous premios cos que estaba dotado o Concurso foron a parar a dous establecementos asociados a ECOS.

 

O 1º premio foi para Floristería Carmiña e o 2º premio recaeu en Librería Pily. Ambos comercios recibiron o diploma acreditativo e o cheque o día 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis que tivo lugar en Silleda.

 

Con este concurso tratouse de estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento de escaparates, de maneira que se dispuxeran artisticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que amosan a diario, tratando tamén de relanzar o comercio no município de Silleda.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006