A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, elixe logotipo mediante a participación pública dos internautas, a través da web www.comerciosilleda.com. O prazo para a presentación de propostas para o concurso da nova imaxe corporativa da Asociación rematou o 20 de xaneiro. Agora os logos permanecerán expostos na web durante un prazo de dez días para votación da xente.
Un total de 18 logotipos presentados optan a premio. O total de proxectos recibidos foron 21, pero 3 deles non cumplían as condicións establecidas nas bases do concurso.
Cada persoa pode votar unha vez a tres logos, dándolle a cada un entre 3 e 1 puntos. Finalizado o prazo de votacións, o que conte con máis apoios, levará 1 punto, como se fose un membro máis do xurado. O gañador levará un premio en metálico de 500 euros.