1ª FEIRA DE OPORTUNIDADES
DATA: 15 e 16 de marzo
LUGAR: Pabellón de deportes de Silleda
HORARIO: De 10.00 a 21.00 horas
Poden participar todos os establecementos do concello de Silleda, aínda que non sexan socios de ECOS. Se estás interesado anótate no seguinte teléfono: 628 13 24 79.
Na feira poñeranse á venda produtos de anteriores tempadas, que teñades en stock, sempre ofrecidos a prezos reducidos.
A Asociación asumirá a organización e promoción do evento e os expositores soportarán o coste do stand. Os stands son modulares adaptables ás necesidades de espazo de cada negocio. O prezo inclúe montaxe, desmontaxe, transporte e colocación:
Socios: 17 euros/m2 (ive incluido)
Non socios: 35 euros/m2 (ive incluido). Os establecementos non socios que se integren en ECOS pasarán a pagar 17 euros/m2
O martes 12 de febreiro terá lugar unha reunión de todos os establecementos inscritos para concretar os detalles finais.
MÁIS INFORMACIÓN:
Asociación Ecos
628 13 24 79
acs@comerciosilleda.com