ECOS XA TEN NOVO LOGOTIPO


A Asociación ECOS, Empresarios e Comerciantes de Silleda, xa ten dende o 5 de febreiro nova imaxe corporativa que a representará en todos os formatos publicitarios e promocionais.

 

Os membros do xurado foron os seguintes:

 

§          Javier Tato López : Presidente da Asociación ECOS

§          Fátima Costoyas: Secretaria de ECOS.

§          Alejandro Domato: en representación de IMPRENTA ARLIT, integrada en ECOS, adicada ao deseño e as artes gráficas.

§          Alberto Maceira: en representación de PUBLIC 2000, asociada a ECOS, adicada ao deseño e as artes gráficas.

§          Xesús Fernández Sulleiro: vicedirector do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

§          Xulia Campo: xefa de programación comarcal da TVG, e presentadora da información local da área de Santiago.

§          Internautas.

 

Ó concurso que organizou ECOS presentáronse 21 logotipos, dos cales 3 quedaron fóra de valoración por non axustarse ás bases.

 

Con este logotipo pretendiase englobar a comerciantes e empresarios baixo un mesmo nome e imaxe que os representara.

 

Os logotipos estiveron expostos na web da Asociación para que todos os internautas puidesen votar polo que máis lle gustara, sendo o máis votado o que figura no número 2 da web (un código de barras que simula unha bolsa), obtendo deste xeito 1 punto para a valoración final do xurado. A pesar de recibir ese primeiro punto non foi suficiente, xa que o xurado, formado por profesionais do mundo do deseño gráfico e a comunicación, fallou a favor e por unanimidade que o logotipo gañador debía ser o que figura na páxina web co número 15.

 

Os argumentos que o xurado utilizou para defender a proposta do logotipo nº 15 foi a súa sencillez e facilidade para representar en calquera soporte: sobre, carpeta, folletos, web, etc. a unión de catro trazos que forman un cadrado que simboliza a unión e colaboración entre os diversos membros da Asociación. Unha imaxe sólida que non cansa e que perdudará no tempo, dando sensación de dinamismo e modernidade.

 

A versatilidade que ofrece esta imaxe é fundamental, xa que se poden modificar e adaptar as cores sen necesidade de alterar o logotipo e a imaxe que ECOS quere transmitir.

 

Unha vez decidido o gañador pasouse a abrir o sobre que contiñan o nome do autor, resultando ser o afortunado Rafael Rodríguez Carreira, de 28 anos de idade nado en Narón (A Coruña) e con residencia no Concello de Vedra (A Coruña).

 

Rafael Rodríguez Carreira, recibirá un premio de 500 euros en concepto de Gañador do Concurso de Logotipo da Asociación Ecos.

 

Transmitir dende a Asociación ECOS o agradecemento pola boa acollida que tivo este concurso, e sobre todo ós participantes, que se presentaron dende distintos lugares:  A Estrada, Santiago de Compostela, Vedra, A Coruña, Pontevedra, Murcia, Baleares, Lalín e Silleda, e dedicaron tempo e esforzo para levar a cabo uns traballos todos eles de gran nivel, demostrando un gran interés e profesionalidade.

 

Os traballos recibidos permanecerán na sede de ECOS onde estarán a disposición de calquera persoa para poder visualizalos.

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006