O martes 12 de febreiro volveron a reunirse os establecementos inscritos na Feira de Oportunidades para concretar os detalles finais do evento.
Por tan só 68 euros pódese alquilar, para toda a feira, un stand modular de 2x2 metros, mentres que de preferir un de 2x3 metros a contía ascende a 102 euros. Todos os comercios que aínda queiran participar na feira poden inscribirse no teléfono: 628 13 24 79
Fixouse un horario ininterrumpido de 11 a 20 horas para dar máis facilidades ao público asistente para facer as súas compras.
Vanse realizar durante toda a fin de semana actividades lúdicas para os nenos para o que vamos a contar con animadores e monitores de tempo libre que están a traballando no Concello de Silleda. Tamén se vai poñer un bar para tomar algo e facer un descanso das compras que correrá a cargo do clube de fútbol S.D. SILLEDA.
Tamén se acordou facer paralelamente un rastrillo, organizado polos alumnos do módulo Comercial e Marketing do Instituto Pintor Colmeiro de Silleda coordinados polo vicedirector Xesús Fernández Sulleiro, onde todas as persoas interesadas poderán ceder cousas que teñan por casa e que non usen e que se poidan vender para que os alumnos monten o stand. A metade dos beneficios acadados coas vendas irán destinados aos servicios sociais do Concello.