O Instituto de Crédito Oficial (ICO), convoca Investimentos Financiables para o chamado “Préstamo TIC”, para pequenas e medianas empresas para a adquisición de equipamentos informáticos (hardware e soporte lóxico), así como aplicacións e servizos para o acceso a Internet en banda ampla.
Tamén convoca o “Préstamo Mozos e Universitarios” e “Préstamo Cidadanía dixital”: Adquisición ordenador con capacidade de conexión a Internet para cidadáns residentes no territorio español.
1.- O “Préstamo TIC”: Equipos informáticos (hardware e soporte lóxico), aplicacións e servizos para:
Acceso a Internet en banda ampla: poderá financiarse o alta ao servizo de conexión a Internet en banda ampla, pero non os consumos mensuais, e os produtos de acceso, incluídos os de seguridade.
Presenza en Internet, incluída a elaboración de páxina Web e portais de empresa.
Incorporación das TIC aos procesos empresariais, mediante ferramentas de xestión avanzada: CRM (Sistemas de xestión de clientes), ERP (Sistemas de xestión empresarial), Sistemas de cadea de subministración, Sistemas de xestión documental, etc.
Comercio electrónico e facturación electrónica, mediante aplicacións e servizos que faciliten a realización por parte das PEMES de transacciones electrónicas con outros axentes, incluídas as Administracións Públicas.
2.- O “Préstamo Mozos e Universitarios” e “Préstamo Cidadanía dixital” para:
Adquisición ordenador con capacidade de conexión a Internet. Opcional: soporte lóxico de ofimática e outro soporte lóxico, antivirus, dispositivo lector de tarxeta electrónica, periféricos e alta en servizo de conexión a Internet en banda ampla de equipamento informático e conexión a Internet en banda ampla. Financiaranse os investimentos cunha antigüidade máxima dun ano.
Tipos de Xuros
Tipo de xuro fixo: 0%
Comisións
As Entidades Financeiras non poden cobrar cantidade algunha en concepto de comisións, tales como apertura, estudo o disponibilidade.
Convoca: Instituto de Crédito Oficial
Prazo: Ata o 31 de decembro de 2010 ou ata o esgotamento dos fondos se é o caso.
Máis información: http://www.ico.es/web/contenidos/home/home.html