O concello de Silleda convoca selección dun/ha licenciado/a en psicoloxía así coma dun/ha avogado/a para o Centro de Información á Muller.
O obxecto da presente convocatoria é a realización de tarefas propias dun servizo destas características e descritas nas bases de selección para a contratación temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado.
A duración do contrato será ata o 31 de decembro de 2008.
REQUISITOS:
-Psicólogo/a: licenciatura en psicología.
- Avogado/a: licenciatura en dereito.
PRAZO:
Ata as 14 horas do 06 de marzo de 2008.
MÁIS INFORMACIÓN:
Concello de Silleda. Xeneral Franco 55
Teléfono: 986 580 000