AXUDAS COMERCIOS ZONAS RURAIS


 

 

          Orde de 18 de febreiro de 2008, da Cª de Innovación e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

 

            Estas axudas teñen por obxecto promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia.

 

Ø       Son subvencionables, entre outros:

 

§          Custo de reforma e/ou de ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2.

§          Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio.

§          Adquisición de vehículos comerciais de ata 3.500 kilogramos PMA (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado co nome e enderezo do establecemento comercial.

§          Gastos das actas notariais que se exixen con motivo desta orde referidas ao artigo 4º k).

 

Ø       Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:

 

§          A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.

§          As obras realizadas en almacéns, trastendas, oficinas e aseos, que non se destinen a superficie de venda, así como os equipamentos destinados para estes, tales como cámaras frigoríficas, moblaxe, etc.

§          A maquinaria e equipamentos para a fabricación, transformación e elaboración de produtos de consumo final.

§          Os fondos de comercio e dereitos de traspaso.

§          Os bens usados.

§          As compras de mercadorías obxecto de comercialización.

§          As compras de material funxible e doutros elementos amortizables nun ano.

§          Os portes e outros custos de transportes.

§          As taxas por autorizacións administrativas, permisos e licenzas, tributos, o IVE soportado ou outras taxas recuperables polo beneficiario.

§          Os gastos de funcionamento da actividade.

§          Os gastos de reparación ou de mantemento.

§          Non terán carácter subvencionable os investimentos realizados mediante contratos de arrendamento.

 

 

            O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de Marzo 2008

 

          

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006