Orde de 15 de febreiro de 2008, da Cª de Innovación e Industria, pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu entorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.
Estas axudas teñen por obxecto a renovación do comercio polo miúdo galego e a incorporación de novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais.
Son subvencionables, entre outros:
§ Equipos para o proceso de información (ordenadores personais de sobremesa, servidores, impresoras, equipos multifunción, escáneres e similares) destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas.
§ Aplicacións informáticas de carácter xenérico ou estándar destinadas aos fins sinalados no punto anterior, debéndose presentar neste caso unha pequeña descrición das súas principais funcións e a súa relación coa mellora da xestión da actividade comercial.
§ Deseño e implantación de sistemas de venda no presencial (comercio electrónico).
§ Páxinas Web promocionais do establecemento comercial.
§ Lectores ópticos de códigos de barras.
§ Fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax.
§ Equipamentos para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venda ao público exclusivamente.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de Marzo 2008