MERCADIÑO DE OPORTUNIDADES


Dentro da Feria de Oportunidades que vai organizar a Asociación ECOS o 15 e 16 de marzo, o Instituto Pintor Colmeiro de Silleda, vai organizar un rastrillo.

Todas aquelas persoas que teñan na súa casa utensilios, prendas ou cousas poden entregalas para o merdadillo de dúas formas distintas: mediante doación ou mediante venda.

BASES:

1. Recollida de produtos para que sexan catalogados e marcados co seu prezo de venda para expoñelos na feira:

a) Prazo: Dende o luns día 10 de marzo ata o venres 14 de marzo.

b) Lugar: No novo local da Asociación ECOS, situado na rúa D, nº 4, portal esquerdo, en Silleda (no baixo das vivendas de protección oficial).

c) Horario: De 18 a 20 horas.

d) Teléfono de contacto: As persoas interesadas en doar cousas deben poñerse en contacto no 696 31 58 50.

2. Os beneficios resultantes, unha vez descontados os gastos, serán repartidos do seguinte xeito:

§ O 50% para financiar os proxectos académicos dos estudantes dos ciclos de comercio do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

§ O 50% para colaborar coas axudas que promove a Concellalía de Asuntos Sociais do Concello.

3. Os días 15 e 16 de marzo o mercadillo estará aberto ao público en xeral no Pavillón de Deportes de Silleda.

4. Recollida de produtos non vendidos: Entre os días 25 e 28 de marzo poderán poñerse en contacto no novo local de ECOS, situado na rúa D, nº 4, portal esquerdo, en Silleda, en horario de 18 a 20 horas para que as persoas que entreguen os artigos baixo a modalidade de venda reciban o importe recaudado e as que entreguen os artigos baixo a modalidade de doazón, poidan retirar os que non se venderon.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006