ECOS PRESENTA A FEIRA DE OPORTUNIDADES


O martes 4 de marzo tivo lugar ás 13 horas, no Hotel Oca Katiuska de Silleda, unha reunión a directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), e o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, D. Ricardo Mirón Gutierrez.

A Cámara de Comercio de Pontevedra ven colaborando nas actividades levadas a cabo pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, nestes últimos anos, na realización de accións formativas, foros e estudos.

Na xuntanza, o presidente de ECOS, Javier Tato López, e os demáis membros da directiva agradeceron ao presidente da Cámara a inestimable colaboración prestada ao colectivo, e presentáronlle a 1ª Feira de Oportunidades, que está organizando ECOS para o 15 e 16 de marzo, ademáis de todas as actividades paralelas que se levarán a cabo esa fin de semana no pabellón. Tamén procederon a invitar a D. Ricardo Mirón Gutierrez ao acto de inauguración da mesma que terá lugar o sábado 15 ás 12 horas.

Aproveitaron tamén a ocasión para presentarlle a nova imaxe corporativa da Asociación e comunicarlle a adhesión á Asociación de empresas de sectores distintos ao de comercio, ampliando así o número de membros integrados na Asociación. Tamén se lle dará a coñecer a planificación de actividades para este ano 2008.

O xoves día 13 de marzo ás 13 horas o presidente de ECOS reunirase en Santiago coa directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, D. Ana Mª Rúa Souto. O presidente presentaralle a nova Asociación e os obxectivos perseguidos para o 2008. Tamén fará a presentación oficial da 1ª Feira de Oportunidades de marzo, e ver a posibilidade de algunha colaboración co evento así como invitala á inauguración o día 15 de marzo ás 12 horas. Outro dos puntos a tratar será socilitar información sobre os certificados de calidade.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006