A Feira de Oportunidades de Silleda, organizada dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), o 15 e 16 de marzo, reuniu a numerosos visitantes durante as dúas xornadas. O público respaldou esta primeira iniciativa dos comerciantes silledenses que, dado o éxito, pensan repetir o próximo ano.
ECOS contabiliza máis de 2.000 persoas asistentes, sobrepasando as previsións iniciais. O nivel de vendas foi tamén todo éxito, e os comerciantes tiveron que repoñer mercancías os dous días. O volume de vendas viuse reflejado no ir e vir de bolsas co logotipo de ECOS, que a Asociación repartiu entre os establecementos participantes. Os visitantes chegaron de diferentes sitios, maioritariamente de Silleda e das parroquias do concello así como de municipios limítrofes como Lalín e Vila de Cruces.
Os participantes deste ano xa están falando de próximas edicións con propostas de mellora como a ampliación dos espazos de exposición.
Un total de dezaséis establecementos da localidade, procedentes de distintos sectores, participaron nesta primeira edición, con diversos produtos en stock. Os saldos foron os grandes protagonistas do evento.
Ademáis da oferta de varias tendas de moda: La Moda Lidia Otero, Garmal Moda, Azagaia, Himar, Carmiña Moda e Pódium Deportes, tamén participaron zapaterías: Cómodo e Andaina, firmas de textil para o fogar: María Lodeiro, complementos de baño: Arcolar, Xoiería Euloxio, Ferretería Valiño, Droguería Luisa, Librería Pily e firma Manuel&Amalia, con embutidos e outros produtos gastronómicos.
A variada oferta, con prezos moi rebaixados, completouse co rastrillo organizado polos alumnos d ciclo de Comercio e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Parte da recaudación da venda dos obxectos recollidos (onde figuraban dende xoguetes, roupa, mobles ou decoración) foron destinados ao propio Instituto e a servicios sociais do Concello.
A cita, que axudou a promocionar o sector comercal no municipio de Silleda, contou tamén cun taller para os máis cativos e cun bar-cafetería a cargo de S.D. Silleda.