O sábado 15 de marzo tivo lugar a inauguración oficial da Feira de Oportunidades, organizada por ECOS, contando para elo co respaldo dos políticos no acto.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a concelleira de comercio, Ofelia Rey, participaron xunto cos outros dous portavoces municipales, José Fernández Viéitez e Carme Fidalgo, na apertura do certame, acompañados en todo momento polo equipo directivo da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda. O evento estivo amenizado polo grupo de bandas de Saídres que fixo tamén un pasarrúas polo pobo.
A alcaldesa destacou a gran labor de ECOS no sector do comercio, ao que indicou que seguirá apoiando e colaborando coa Asociación nas súas actividades. Incidiu tamén na importancia do comercio como vertebrador do sector socioeconómico e de iniciativas como a cita ferial, que permite ao sector desfacerse do stock e ás familias facer compras máis económicas.