A directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) reuniuse, o mércores 14 de maio, coa alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Economía e Comercio, Ofelia Rey, na casa do Concello de Silleda.
No encontro tratáronse distintos temas de interese para o colectivo co obxectivo de dinamizar os establecementos asociados e potenciar a Asociación.
Entre as solicitudes presentadas polo colectivo á rexidora, destacamos a necesidade dun plan de tráfico no casco urbano e a búsqueda de solucións ás dificultades de aparcamento nas rúas do pobo.
O Concello e a Asociación acordaron que analizarán solucións conxuntamente. O goberno local quedou en estudar a creación de zonas de aparcamento ou zona azul. Tamén se falou de liñas amarelas para carga e descarga, de cara a desconxestionar determinadas zonas e facilitar as compras aos consumidores. ECOS solicitou tamén unha maior vixilancia policial nas rúas para regular o tráfico e os estacionamentos. Ademáis, en relación ao estado das rúas do pobo, o colectivo insistiu en mellorar a limpeza das rúas.
Noutro orde de cousas, ECOS solicitou á alcaldesa colaboración para a levar a cabo a súas actividades, xa que a Asociación é un colectivo moi dinámico e con moitas iniciativas que axudan a fomentar o crecemento económico do concello. A directiva mostrou o seu interese en obter apoios para profesionalizar a Asociación, e poder así ofrecer máis servizos aos seus integrantes e de maior calidade.