A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, está a facer entrega dos premios da Campaña do Día da Nai, a todas as persoas que resultaron agraciadas.
Todas aquelas persoas que ata o domingo 4 de maio, realizaran as súas compras nalgún establecemento asociado a ECOS, obtiñan varias rifas que poderían obtar a un premio de 100 euros.
O número que resultou premiado no sorteo da ONCE do domingo 4 de maio foi 59.412, polo que todos os que teñan unha rifa na que as catro últimas cifras coincidiran coas catro últimas do cupón da ONCE, son agraciado con 100 euros en vales desconto para canxear nos comercios asociados a ECOS.
Se aínda non te puxeches en contacto para recoller o premio, tes de data ata o 4 de xuño para poñerte en contacto coa Asociación, no 628 13 24 79, para que che fagamos entrega do mesmo.
Esta Campaña levada a cabo por todos os comercios integrados na Asociación, tivo por obxectivo incentivar a demanda nos comercios asociados a ECOS e agradecer a confianza depositada polos nosos clientes e agasallar a súa fidelidade.