CURSO DE OFIMATICA: OFFICE
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), continuando coas accións formativas para o ano 2008, dou comezo o pasado luns 9 de xuño un Curso de “OFIMATICA: RECICLAXE OFFICE”.
Á inauguración do curso asisitiu María Santiago Otero, secretaria xeral da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), financiadora da acción formativa xunto coa Consellería de Traballo.
Este curso destinado a traballadores autónomos, arrancou cun total de 18 participantes e rematará o 3 de xullo. Desenvolverase ao longo de 4 semanas, de lunes a xoves, de 20 a 23 horas.
A acción formativa ten unha duración de 100 horas baixo a modalidade semipresencial, cun total de 48 h presenciais e 52 “on line”.
O curso é impartido por María del Pilar Basalo Lojo, propietaria da academia e tenda de informática, INFORVEN, establecemento asociado a ECOS, situado en Avda do Parque, 35.