ECOS ACUDIU Á MANIFESTACION DO PASADO VENRES


   

A directiva da Asociación ECOS, sumouse á manifestación en defensa do futuro da Feira, convocada polos traballadores da Fundación Semana Verde, o pasado venres 13 de xuño.

 

 

Dada a situación actual da Fundación Semana Verde de Galicia, os delegados de personal, en representación dos traballadores, solicitaron apoio á directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda co obxectivo de garantir a continuidade da actividade da Fundación Semana Verde e dos certames feriais, así como dos postos de traballo.

 

 

A Asociación decidiu participar no acto do pasado venres, consciente de que está en perigo unha importante fonte de ingreso para o concello e o futuro laboral de case 50 postos de traballo directos e moitos empregos indirectos, coa conseguinte repercusión negativa para moitas familias do concello e, por conseguinte, para o potencial de crecemento económico do noso municipio.

 

 

A directiva, presidida por Javier Tato, cre que apoiando as reivindicacións contribuirá a manter a xeración riqueza e emprego no concello de Silleda, o que redundará en beneficio para todo o municipio.

 

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006