A Asociación ECOS comeza o 1 de xullo as rebaixas de verán, co obxectivo de liquidar parte das existencias de tempada así como potenciar o consumo local no periodo estival.
Lembrade que as rebaixas non poden ter unha duración inferior ós quince días nin superior ós dous meses, e que os productos que se ofertan en rebaixas deben estar durante un mes, como mínimo, expostos nas tendas.
ASPECTOS A TER EN CONTA:
Igual producto e garantías
As rebaixas deben contar coas mesmas garantías e coas mesmas políticas para cambios e devolucións -sempre e cando non se usase o producto- cos artigos adquiridos antes deste período.
Os productos rebaixados deben ofrecer igual calidade a menor prezo. Deben ser artigos de tempada e en perfectas condicións. Rexeita os artigos que non axunten as debidas condicións sanitarias, os que se atopan en mal estado ou os que incumpran as medidas de seguridade.
É obrigatorio que nas etiquetas apareza o dobre prezo (o antigo e o rebaixado) ou ben a porcentaxe de rebaixa (adóitase aplicar un desconto mínimo do 20% sobre o prezo de tempada alta e, xeralmente, o desconto aumenta progresivamente).
Asegúrate de que a etiquetaxe é correcta e lexible en galego, castelán ou outra lingua oficial do Estado. No caso da roupa, a etiqueta debe incluír instruccións sobre cómo lavala e pasarlle o ferro, e informar dos materiais de confección e dos datos da empresa fabricante (co país de manufactura).
Devolucións, arranxos, tarxetas...
Se un establecemento admite devolucións durante toda a tempada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. De non ser así, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo).
No caso de amaños de prendas (acurtar a perneira ou as mangas, estreitar la cintura...) acontece o mesmo. Se son gratuítos durante a tempada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén o deberá advertir.
Os establecementos que admiten o pagamento con tarxetas de crédito durante o resto do ano están obrigados a admitilos tamén en época de rebaixas, sen recargo sobre o prezo.
Mesmos dereitos
Garda sempre o ticket da compra. A túa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devolución.
Se mercas un electrodoméstico, esixe que che dean o mesmo período de garantía que ten o artigo co seu prezo normal. Comproba que toda a documentación está selada e en regra.
En rebaixas, os consumidores temos os mesmos dereitos ca en calquera outro momento. Se cres que algún comercio non respetou os teus dereitos como consumidor, esixe a folla de reclamacións e intenta resolver o problema de xeito amigable. Tamén te podes dirixir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ao Servicio de Consumo da túa Comunidade Autónoma ou a calquera asociación de consumidores.