A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) CLAUSUROU o xoves 3 de xullo, o Curso de “OFIMATICA: RECICLAXE OFFICE”.
A acción formativa foi organizada por ECOS en colaboración con APE Galicia e a Consellería de Traballo.
Este curso destinado exclusivamente a autónomos, formou a un total de 18 traballadores ao longo das catro semanas de duración do mesmo, os cales recibirán un certificado de asistencia.
A formación recibida polos alumnos foi o paquete Office: Word, Excel, Outlook e Internet Explorer.
A acción formativa tivo unha duración de 100 horas baixo a modalidade semipresencial, cun total de 48 h presenciais e 52 “on line”.
O curso foi impartido en INFORVEN por María del Pilar Basalo Lojo, propietaria da academia e tenda de informática situada en Avda do Parque, nº 35 e asociada a ECOS.