Tras o fin da tempada estival, o pasado luns 15 de setembro os nenos silledenses de da comarca dezana comezaron novamente as clases.
Co fin do verán, as familias empezan a facer as súas compras nas papelerías, tendas de roupa escolar, zapaterías... e todo un sin fin de establecementos, co obxectivo de equipar aos cativos da casa para afrontar un ano máis á volta ao cole.
Os comerciantes integrados na Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda, ECOS, confían nun repunte das ventas en outono tras un verán bastante floxo. Témese o efecto da crise nos bosillos dos consumidores, pero os establecementos asociados esperan que os gastos que las familias deben afrontar en setembro coa volta ás aulas e que a campaña de navidade salve a tempada.
Segundo os cálculos realizados pola Unión de Consumidores de España (UCE), a volta ao colexio suporá un desembolso duns 223 euros se o neno asiste a un colexio público e de 1.640 se se opta pola educación privada. No estudo, a UCE incluíu os libros de texto, cadernos de traballo, comedor, uniforme, transporte escolar, matrícula, gastos de material e primeira mensualidade. As cantidades globais varían en función do colexio elexido e da etapa escolar.
De ahí, que a maioría dos establecementos acolla con alegría a chegada de setembro, dado que, a matrícula do colexio, ademais da compra do material escolar, os uniformes e demais utensilios que os escolares precisan para o este curso axudará a reactivar as ventas no sector.