ECOS BUSCA ADMINISTRATIVO/A


 ECOS busca unha persoa desempregada para ocupar unha praza de administrativo na Asociación e cunha experiencia laboral mínima de 12 meses. 

 

A titulación académica requerida é de técnico medio ou superior administrativo,  FP I ou FP II. Ademáis requírese nivel alto de galego falado e escrito. Tamén se valorarán coñecementos de informática a nivel avanzado (Office e Internet) así como de contabilidade.

 

O tipo de contrato será por obra e servizo e terá unha duración de 9 meses.A xornada de traballo será a tempo completo.

 

Entre as tarefas a realizar no posto de traballo mencionamos as seguintes:

 

- Actualización páxina Web da Asociación

- Divulgación aos asociados de subvencións e legislación de interese.

- Tramitación de subvencións.

- Coordinación das campañas publicitarias da Asociación.

- Xestión da plataforma de comercio electrónico da Asociación e fomento da venta a través de Internet.

- Fomentar as novas tecnoloxias entre os asociados.

- Contabilidade.

- Organización de cursos de formación para os asociados.

- Organización de eventos.

- Demais tarefas dun posto de traballo administrativo.

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CURRICULUM VITAE é o 24 octubre 2008.

 

As persoas interesadas poden ampliar información sobre a oferta a través da páxina web: www.asociacionecos.com, no apartado EMPREGO ou poñéndose en contacto no 628 13 24 79.

 

Enviar os curriculums accedendo á www.asociacionecos.com (apartado EMPREGO) ou a través do mail: ecos@asociacionecos.com

 

 

 

 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006