II CONGRESO IBERICO: A FENDA DIXITAL


Os días 21, 22  e 23 de novembro de 2008 Silleda acolle na Casa da Cultura o II Congreso Iberico: A Fenda dixital, onde se pretende crear un espazo de encontro entre os profesionais de Galicia e Portugal ao redor do estado actual das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), nos contextos escolares e non escolares.

 

Os obxectivos son:

• Reflexionar acerca das actividades que se están realizando coas TIC tanto no contexto Galego como Portugués.
• Crear un espazo de experiencias e intercambio entre o profesorado de Galicia e Portugal que se están levando a cabo ao redor das TIC nos diferentes tipos de centros: Centros Educativos, Escolas Unitarias, Centros Rurais Agrupados, Centros Integrados, etc.

• Discutir e reflexionar acerca dos principais retos que dende o punto de vista didáctico e curricular terán que enfrontarse coas TIC nos próximos anos.

• Analizar o xeito en que as TIC poden contribuir á igualdade ou desigualdade nos centros educativos.
• Identificar os problemas que se lle están formulando ó profesorado na introducción das TIC
• Favorecer un encontro entre os diferentes colectivos: Centros de Formación, Concellos, Universidades.... de cara a formular propostas de mellora.

• Reflexionar acerca das TIC en relación cos outros recursos e identificar as súas principais semellanzas e diferenzas no seu uso.

 

 Prazas e dereitos de inscrición

Número de prazas: será ilimitado ata esgotar a capacidade. Cubriranse por rigorosa
orde de inscrición.

Cota de inscrición:

-Antes do 1 de Novembro: Profesores e Empregados 30 € / Estudiantes, Parados e membros de NEG 15 €.

-Do 1 ao 19 de Novembro: Profesores e Empregados 40 € / Estudiantes, Parados e membros de NEG 20 €.

 

A data límite remata o 19 de Novembro ás 14,00 horas.

 

Destinatarios
• Profesorado dos diferentes niveis do Ensino: Infantil, Primaria, Secundaria e Universitario.
   Educadores sociais, pedagogos, psicopedagogos, etc.

• Alumnado e profesorado das Facultades de CC. Da Educación de Galicia e Portugal. Así mesmo, tamén poderá participar alumnado doutras titulación relacionadas coas Novas Tecnoloxías.

• Centros de Formación e Recursos, Concellos, Sindicatos, MRPs, Xunta de Galicia, etc.

• Investigadores das diferentes universidades españolas e portuguesas.

• Nova Escola Galega e Pé de Imaxe.

• Profesionais en xeral relacionados coas TIC e interesados en reflexionar acerca do seu papel nas escolas.

 

Diploma acreditativo e créditos de libre configuración

 
• Aqueles alumnos e profesores que participen con regularidade nas sesións programadas do curso, que consta de 21 horas lectivas, recibirán un certificado acreditativo de participación.


• Concederase certificado acreditativo de participación no Congreso equivalente a 1 CREDITO de libre configuración, concedido polas tres Universidades Galegas (Facultades de CC. da Educación e Escolas de Maxisterio). (No caso da Universidade de Santiago será preciso a realización dunha memoria para a obtención do crédito. Explicarase o seu contido durante a actividade). Esta actividade está homologada pola Consellería de Educación (en trámite).


Comunicacións e posters

Poderán presentarse comunicacións, experiencias ou pósters ata o día 1 de Novembro. A extensión da comunicación será de entre 3 a 8 folios e incluirá un resumo de entre 10 a 15 liñas.

 

Máis información

Tel.: 986 58 00 00 - 986 58 10 28 / Fax: 986 58 10 28

E-mail: congresoiberico@gmail.com • http:www.silleda.es

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006