O xurado da novena edición do concurso de escaparates de Nadal de Silleda, condedeu o estabecemento CARMIÑA MODA o primeiro premio do certamen, dotado de douscentos euros, diploma acreditativo e unha estancia de fin de semana na casa-aldea Oca Ruiloba de Ribadesellas (Asturias).
O segundo clasificado no certamen silledense foi FLORISTERIA CARMIÑA, gañador da pasada edición. O premio foi de 150 euros, diploma de Espina&Delfin e un fin de semana no hotel Oca Río Azos de Ribeira.
O podio completouno OPTICA SILVA, que logrou o terceiro premio da asociación ECOS os seus asociados: 100 euros, diploma e dous accesos o circuito termal do hotel Katiuska de Silleda.
Os premios foron entregados a tarde do luns, na casa da cultura durante a recepción dos Reis Magos.