II FEIRA DE OPORTUNIDADES



ECOS ( Asociación de comerciantes e empresarios de Silleda) reuniuse o pasado martes, día 10 de Febreiro, as 21 horas, na Casa de Cultura de Silleda, cos socios e interesados en  participar na  II Feira de Oportunidades, quedando fixada definitivamente a data, para os días sábado 7 e domingo 8 de Marzo, no mesmo lugar do ano pasado, no Pavillón Deportivo.


Este ano prevese unha participación maior a da edición pasada, contando ata o momento con 20 establecementos interesados, que abarcan diversos sectores, dende o agrícola, roupa, deportes, calzado, droguería, óptica, ferretería. Floristería, librería ou alimentación… quedando aberto o prazo de inscrición ata o día 20 de Febreiro.
 
Lembramos a todos os interesados que se poden poñer en contacto con nós no local da asociación (Rúa E, Baixo) ou nos telefonos 986 580 780 e 628 132 479.

Ademais de atopar unha gran variedade de produtos a prezos moi reducidos, tamén se ofrece o servizo de cafetería e churrería, así como diversas actividades para os máis cativos disfruten dunha xornada de lecer. 
 
A entrada á feira será gratuíta, e contaremos durante os dous días con sorteos de varios premios entre todos os clientes.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006