COLABORACIÓNS NA II FEIRA DE OPORTUNIDADES


A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda ( ECOS ) segue a traballar na organización da II Feira de Oportunidades, que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de Marzo, de 11 da mañá a 9 da noite, no pavillón de deportes de dita localidade, contando coa colaboración do Concello de Silleda e do Instituto Pintor Colmeiro, así como do clube de futbol SD Silleda, o cal será o encargado da instalación dun bar-cafetería no recinto.


Ata a data, contase cun total de 25 stands, sendo maior a participación ca da edición pasada, xa que se uniron máis sectores, coma o agrario, saneamentos, floristería, herbolario…


A feira de Oportunidades está despertando gran interese entre os comerciantes da vila, xa que o seu obxectivo e a liquidación de existencias atrasadas en tempada, e debido a eso, estanse facendo novos asociados.
A entrada a feira será gratuita e habrá gran diversidade de saldos, así coma de sorteos entre os clientes, e para os máis pequenos contarase cun espacio de xogos.


As xornadas contarán, a demáis, cun posto de churrería.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006