ECOS REÚNESE COA HIDROELECTRICA DE SILLEDA


A directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), reuniuse hoxe xoves ás 16:00 h. con persoal responsable de Hidroeléctrica de Silleda, para esixir unha explicación respecto ás cantidades facturadas nos últimos meses, así como aos constantes cortes de luz sufridos fóra de temporal e sen previo aviso, causando importantes trastornos e perdas económicas nas empresas, así como averías en aparellos informáticos.


Moitos socios a nivel individual xa presentaron a súa queixa diante da única empresa que ten o poder de suministrar a corriente eléctrica a empresas e particulares de Silleda, deixando tamén a súa queixa na propia asociación para que ésta intermedie como ente representante dun importante número de comerciantes e empresarios do Concello.
 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006