ULTIMOS DÍAS PARA A II FEIRA DE OPORTUNIDADES


ECOS ( Asociación de comerciantes e empresarios de Silleda) reuniuse onte, día 2 de Marzo, as 21 horas, na Casa de Cultura de Silleda, cos socios participantes na II Feira de Oportunidades, que se celebrará este fin de semana, días sábado 7 e domingo 8 de Marzo, no mesmo lugar do ano pasado, no Pavillón Municipal, en horario de 11:00h ata as 21:00h interrumpidamente.

Este ano a participación é maior ca da edición pasada, contando con 27 establecementos interesados, que abarcan diversos sectores, dende moda ata droguería, óptica, alimentación, deportes…

Ademais de atopar os últimos saldos de tempada, o SD SILLEDA intalará un bar no recinto, e para os máis pequenos contarase cunha area de xogos e entretenimentos.

A entrada á feira será gratuíta, e entre os asistentes sortearanse vales de compra para gastar nas tendas asociadas.
 

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006