A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda ( ECOS ), coa colaboración de Coesco, está a organizar un curso, de xeito gratuito tanto para socios como non socios , de ATENCIÓN AO CLIENTE MEDIANTE AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN, o cal comezará o vindeiro luns, día 4 de Maio cun total de 30 horas.
O horario será de 20:30 a 22:30, os luns, mércores e xoves, ata o día 4 de Xuño,na Casa de Cultura de Silleda. O número de prazas é limitado eo remate do mesmo faranse entrega dun diploma a cada asistente.
Todos aqueles que estén interesados deberán facer a inscrición,antes do Martes día 28, nos teléfonos 986 580 780, 628 132 479 ou no enderezo electrónico ecos@asociacionecos.com