ECOS CAS OPOSICIÓNS NA SEMANA VERDE


A asociación de empresarios e comerciantes de Silleda ( ECOS ) acadou un acordo coa dirección da semana verde, para ocupar, durante o período de oposicións da Xunta, que comprende os días:


 Outubro 2,3,4,7,8,16,17,18,23,24,25,28 ,29
 Novembro 7,8,14,15


os locais do paseo central do recinto.


Deste xeito, esta nova proposta, que abarca socios de diversos sectores, como téxtil ( Carmiña Moda, Himar, Pilucha, Sprint, Deportes Podium, Chocolate, Lusquefusque,Lidia Moda ), calzado ( Andaina, Cómodo ), droguería ( Droguería Luisa ) e alimentación ( A Caixa dos Chupas ), pretende rentabilizar a visita a Silleda, dos diversos grupos de opositores.


Durante o mes de Outubro, espéranse un total de 25000 asistentes fronte o  mes de Novembro  que verase incrementadas as visitas considerablemente, con 65000 opositores.


Nos establecementos poderemos encontrar artigos de fora de tempada con importantes descontos, e outros actuais a uns precios moi asequibles, o igual que artigos de agasallos, bisutería…o igual cunha ampla gama de golosinas, e xornais.


Esta nova iniciativa foi acollida favorablemente, entre os asociados.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006