X CONCURSO DE ESCAPARATES " NADAL 2009 "


BASES

OBXECTIVOS:

    Estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artisticamente e con sentido publicitario e comercial os productos que se mostran.

    Relanzar o comercio na comarca de Trasdeza con espíritu competitivo.


PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS

    Poderán participar tódolos comerciantes e empresarios do concello que posean escaparates de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso.

    Non se esixirá inscrición previa mais, unha Comisión de Admisión determinará que establecementos entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.

 

ORGANIZA:

      

 CONCELLERIA DE CULTURA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

COLABORAN:


   CADEA OCA-HOTELS
   ESPINA&DELFIN
   ECOS (ASOCIACION DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE SILLEDA)


ÁMBITO:

         O ámbito será municipal. Calquera establecemento comercial, se cumpre as condicións requeridas poderá ser considerado concursante.

 

PREMIOS:

1º.- PREMIO CONCELLO DE SILLEDA: 200,00 € e Diploma (outorgado polo Concello de Silleda) e 1 Fin de Semana para 2 persoas, en réxime de aloxamento e almorzo na Casa Aldea Oca Ruiloba de Ribadesella – Asturiias ( xentileza da cadea Oca –Hotels).

2º.- PREMIO AO MÁIS ORIXINAL: 150,00 € e Diploma ( outorgado por Espina & Delifn e 1 Fin de Semana para 2 persoas, en réxime de aloxamento e almorzo, no Hotel Oca Rio Azor**** de Ribeira –A Coruña ( xentileza de cadea Oca-Hotels)

3º PREMIO AO MÁIS COMERCIAL : 100,00 € e Diploma ( Outorgado pola Asociación ECOS aos seus asociados e 2 accesos para 2 persoas ao Circuito Termal do Hotel Spa Oca Katiuska**** de Silleda.( xentileza da cadea Oca- Hotels).

 

DESENVOLVEMENTO

    1.- Para determinar quen participa, a organización anotará aqueles que a partir do 7 de Decembro de 2008 teñan os seus escaparates elaborados conforme ós requisitos e merezan ó seu criterio a participación.

    2.- En datas posteriores, sempre dentro do tempo esixido de exposición, o Xurado sen previo aviso realizará a súa avaliación, observando un a un cada escaparate dos previamente seleccionados pola Comisión de Admisión.

    3.- Os premios serán outorgados a aqueles concursantes que en base a 5 puntos por cada concepto, acaden a máxima global segundo os seguintes criterios de valoración:

    ORIXINALIDADE, CREATIVIDADE, ILUMINACIÓN, COMPOSICIÓN COMERCIAL

    4.- As deliberacións do xurado serán secretas e as súas decisións inapelables en todo caso.

    5.- Tendo en conta as diferencias existentes entre os distintos comercios e os productos que se poden expoñer, valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo feito en cada traballo.

    

ENTREGA DOS PREMIOS

    Os premios serán entregados no mes de Xaneiro previa comunicación dos resultados e publicación na prensa.

 

COMPOSICIÓN DO XURADO

    O xurado estará composto por varias persoas, mínimo tres, con cualificación suficiente para saber valorar os traballos que se expoñan, anque procurarase que estean relacionadas co mundo das artes e da decoración. Serán escollidas sen ningún criterio especial, e non poderán ó mesmo tempo ser participantes con escaparates.

    Estará presidido pola Alcaldesa do Concello de Silleda ou persoa en quen delegue.

 

CONDICIÓNS XERAIS

    1.- Só entrarán en concurso escaparates de exterior.

    2.- Deberán estar elaborados na semana do día 7 de Decembro do 2009, data na que a organización determinará os que entren a participar, e permanecerán en exposición ata o día 5 de Xaneiro do 2010. Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido nin poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro espíritu do concurso.

    3.- Nos deseños ou exposicións dos productos deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renova-los escaparates.

    4.- Co ánimo de favorece-la participación masiva, só se poderá conceder un premio por comercio, anque prepare varios escaparates, podendo obter máis, se dita empresa tivese sucursais, suposto no que sería considerado coma un concursante distinto.

    No suposto de contar un establecemento con varios escaparates, pode presentar a concurso un deles, o cal será claramente diferenciado do resto. Neste caso comunicará esta circunstancia á organización.

    5.- Tamén co desexo de dar maior promoción ó comercio do concello, deberán manterse iluminados os escaparates, ata as dez da noite..

    6.- A participación no Concurso supón a total aceptación das presentes bases.

 

(Nota: Os premios dos Hoteis, poderán ser disfrutados durante todo o ano, salvo temporada alta e baixo dispoñibilidade.)

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006