Dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), queremos aclarar que a Feira de Oportunidades que se vai a celebrar esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia, non ten nada que ver coa Asociación de Silleda.
Estamos recibindo chamadas de empresas e comercios, así como de medios de comunicación, solicitando información ao respecto desta feira, polo que comunicamos que esta actividade é levada a cabo por unha empresa que se adica á celebración deste tipo de mercadillos por distintos lugares, no caso da que se vai a celebrar en Silleda, a empresa encargada da súa organización alugou as instalacións do recinto feiral da Semana Verde para celebrar esta feira.
Por outra banda, a directiva de ECOS reunirase en próximas datas cos socios para ultimar datas e lugar a celebrar a próxima edición da Feira de Oportunidades de ECOS.