A Asociación ECOS está planificando organizar a III Feira de Oportunidades en Silleda para a fin de semana do 6 e 7 de marzo de 2010.
O obxectivo perseguido é dar saída a existencias de fóra de tempada así como produtos en stock, ofrecidos a prezo de saldo, intentando reactivar o comercio local e dotar de maior dinamismo ao concello de Silleda.
Para garantir o éxito da iniciativa precisamos da vosa participación e respaldo. Para concretar máis detalles, contestar todas as dúbidas e ver os que estades interesados en participar, convocamos unha reunión o mércores 10 de Febreiro ás 21 h na Casa de Cultura de Silleda (rúa Xosé Antonio,41)
Os establecementos de alimentación e hostaleiros que queirades participar tamén o podedes facer, cun stand onde poñades á venda os vosos produtos alimenticios ou poñendo un bar-cafetería para o público asistente á feira.