CAMBIO DE NOME DA ACS


O xoves 25 de outubro tivo lugar a asamblea xeral ordinaria da ACS onde se ocordou modificar os estatutos para ampliar o ámbito de actuación de local a autonómico así como cambiar o nome de ACS (Asociación de Comercio de Silleda) por ECOS (Empresarios e Comerciantes de Silleda) co obxectivo de incluir tamén a empresarios doutros sectores, non só de comercio, debido a que xa había na Asociación empresas adheridas do sector da hostelaría, transporte, construcción e outros servizos.

Tamén houbo elección de xunta directiva, resultando reelexido Javier Tato como presidente por un ano máis para dar continuidade aos proxectos pendentes, tales como captación de novos socios e profesionalización e especialización da Asociación. Completan o equipo directivo: Manuel Núñez, Fátima Costoyas, Pilar Pena, Pilar González, Manuel Mato e Juan Sánchez.

Presentouse a Campaña de Nadal do 2007 que vai consistir no “Raña e gaña”, dado o éxito acadado en anos anteriores, coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que merquen nos establecementos asociados.

Tamén se presentaron os cursos e xornadas programadas para o 4º trimestre de 2007, comezando o 29 de outubro cun curso de Escaparatismo, seguido cun curso de Técnicas de Merchandising, durante os mércores e xoves do mes de novembro. O 26 de novembro terá lugar unha xornada sobre a Lei de protección de datos (LOPD), rematando en decembro cun seminario sobre a Problemática do autónomo.

Presentáronse aos asociados as Contas do ano 2006 así como a Memoria de Actividades do 2006 e dos tres primeiros trimestres de 2007.

.: Publicidade :.
Xacobeo 2010
Axencia de Publicidade
Diseño Web en Galicia


.: Publicidad :.
 
Asociación de Comercio de Silleda
Tódolos dereitos reservados © 2006